ROGAINE
FENE DECEMBRO 2017
A proba
será o 23 de decembro ás 18:30h
Sairá desde o parque de a Hortiña (a carón do
local social de Limodre ).
A carreira transcorrerá polos montes de Fene entre
as 18:30h e as 21:30 h como máximo, estará permitido correr por grupos pero a
inscrición realizarase de maneira individual no club.
Lembrarvos a todos que é unha actividade de orientación nocturna.
A noite fará máis difícil a localización das
balizas, aínda que a maior parte da carreira e puntos de control localizaranse
en camiños e lugares fácilmente localizables.
O percorrido de orientación será en score e a
saída será todos xuntos. O formato score consiste en coller o número máximo de
balizas no tempo que a organización dá para a actividade. Os puntos de control
non teñen que ser visitados en orde, por tanto a orde de visita dos puntos de
control é libre.
A participación é individual, con todo permitirase
realizar o percorrido por parellas ou en grupo. En todo caso a clasificación
realizarase de forma individual.
TROFEOS
A organización facilitará o cartón de control na mesa
de saída-meta na que se deben facer as picadas ao visitar cada baliza. En caso
de erro, ese cartón dispón de varias casillas de reserva; pero, en caso de
usarse algunha, débese indicar en meta a que baliza corresponde cada picada.
HORARIOS
DE SAÍDA E PECHE DE META:
* Percorrido longo: 18.30-21:30 (Quen chegue
despois da hora de peche de meta, sufrirán unha penalización de 1 punto por
cada minuto de intervalo en que se atrase, contando desde o seguinte segundo ao
peche).
MATERIAL
OBRIGATORIO DE TOD@S @S PARTICIPANTES:
* Chaleco reflector
* Luz frontal con batería de respecto
* Compás (1 por persoa ou grupo)
* Teléfono móbil (os números da organización
estarán impresos no mapa)
INSCRICIÓNS:
Poderedes realizar as inscricións para partir do
20 de novembro, ou ben no propio local do club ou enviando un correo o club: secretariacmf@gmail.com
NOME
|
|
APELIDOS
|
|
ENDEREZO
|
|
DNI
|
|
TELEFONO
|
|
DATA
NACEMENTO
|
|
Para os socios do club que será de balde.
Os menores de 16 anos irán acompañados dun adulto
(salvo federados en orientación, co consentimento do titor).
Pecharemos inscricións o día 20 de decembro ás 22h
No hay comentarios:
Publicar un comentario