domingo, 17 de diciembre de 2017

ROGAINE NOCTURNA 2017 - CONDICIONS E INSCRICIONS


ROGAINE FENE DECEMBRO 2017

 
A proba será o 23 de decembro ás 18:30h

Sairá desde o parque de a Hortiña (a carón do local social de Limodre ).

 Carreira de orientación nocturna cunha duración máxima de 3 horas na que teremos 2 percorridos: categoría iniciación e carreira longa .

A carreira transcorrerá polos montes de Fene entre as 18:30h e as 21:30 h como máximo, estará permitido correr por grupos pero a inscrición realizarase de maneira individual no club.

 Un ROGAINE é unha carreira cross a pé, de longa duración, na que hai que localizar o máximo número posible de balizas durante o tempo límite de duración da proba.

Lembrarvos a todos que é unha actividade de orientación nocturna.

 A dificultade técnica da orientación varía en función da cor da baliza no mapa, vermello para as balizas difíciles e de maior puntuación e azul para as balizas máis fáciles de orientar e que servirán para completar o percorrido da categoría iniciación.
 
A noite fará máis difícil a localización das balizas, aínda que a maior parte da carreira e puntos de control localizaranse en camiños e lugares fácilmente localizables.
 
O percorrido de orientación será en score e a saída será todos xuntos. O formato score consiste en coller o número máximo de balizas no tempo que a organización dá para a actividade. Os puntos de control non teñen que ser visitados en orde, por tanto a orde de visita dos puntos de control é libre.
 
A participación é individual, con todo permitirase realizar o percorrido por parellas ou en grupo. En todo caso a clasificación realizarase de forma individual.

 
TROFEOS

 Primeiro clasificado masculino e feminino en categoría iniciación, tres primeiros clasificados na categoría longa tanto masculino como feminino.

 Os que realicen o percorrido longo terán 3 horas para visitar o máximo número de balizas, os de categoría iniciación non terán limitación de tempo para realizar un percorrido que estará confeccionado para facer en 1 hora 30 minutos aproximadamente.

 
A organización facilitará o cartón de control na mesa de saída-meta na que se deben facer as picadas ao visitar cada baliza. En caso de erro, ese cartón dispón de varias casillas de reserva; pero, en caso de usarse algunha, débese indicar en meta a que baliza corresponde cada picada.

 O mapa darase aos participantes 3 minutos antes de saída.

 
HORARIOS DE SAÍDA E PECHE DE META:

* Percorrido longo: 18.30-21:30 (Quen chegue despois da hora de peche de meta, sufrirán unha penalización de 1 punto por cada minuto de intervalo en que se atrase, contando desde o seguinte segundo ao peche).

 * Percorrido iniciación: 18.30-21.30 (deseñado para facelo en 1 hora 30 minutos)

 
MATERIAL OBRIGATORIO DE TOD@S @S PARTICIPANTES:
 
* Chaleco reflector                          

* Luz frontal con batería de respecto       

* Compás (1 por persoa ou grupo)

* Teléfono móbil (os números da organización estarán impresos no mapa)

 
INSCRICIÓNS:

 Máximo 250 participantes

Poderedes realizar as inscricións para partir do 20 de novembro, ou ben no propio local do club ou enviando un correo o club: secretariacmf@gmail.com

NOME
 
APELIDOS
 
ENDEREZO
 
DNI
 
TELEFONO
 
DATA NACEMENTO
 

 Copia do ingreso de 7 €, menores de 16 3€, por participante nalgunha das contas do clube

Para os socios do club que será de balde.

 A inscrición realizarase de xeito individual onde irá incluído o seguro individual,
 
Os menores de 16 anos irán acompañados dun adulto (salvo federados en orientación, co consentimento do titor).

 Tamén estará incluído o petisco ó final na A.VV de Limodre, no que poderedes intercambiar aventuras.

 
Pecharemos inscricións o día 20 de decembro ás 22h

No hay comentarios:

Publicar un comentario